Toxo Telecom doa 260 máscaras de protección

21 Abril 2020

A operadora de telecomunicacións de Ribeira, Toxo Telecom, vén de achegar un importante gran de solidariedade á loita contra a pandemia de COVID-19 e á protección dos colectivos máis vulnerábeis fronte ao avance do coronavirus. Segundo puidemos saber, a solidariedade de Toxo materializouse, entre outras medidas, na doazón de 260 máscaras FFP2 KN95 ao Hospital de Barbanza.

O material subministrado foi conseguido grazas ás contribucións de todo o equipo de traballadores de Toxo Telecom, ás que se sumaron tamén os propios clientes da operadora. A empresa agradece aos traballadores e aos usuarios dos seus servizos o significativo gran de area que veñen de xuntar á loita global contra a proliferación da pandemia.

A esta doazón da operadora cómpre engadir o traballo desinteresado e solidario desenvolvido pola empresa para equipar con conexión a Internet os computadores do banco de material informático que se leva días mobilizando en Ribeira para permitir a teledocencia entre as familias en risco.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.