Ribeira repartiu novas remesas de material e alimentos en Cáritas, ICE, Urbaser e Servizos Sociais

01 Abril 2020

O Consistorio de Ribeira acolleu hoxe a acostumada (dende que comezou o Estado de Alarma) sesión diaria da Comisión de Seguimento de Evolución do COVID-19, que serviu, unha vez máis para facer balance das actuacións que se desenvolven e para acordar medidas novas a realizar. Polo que respecta ao balance, informouse de que os servizos de emerxencias do Concello, coa axuda do voluntariado de Protección Civil, segue a coordinar a distribución de alimentos e materia diverso de protección co “obxectivo de favorecer a prevención na loita contra o coronavirus no municipio”.

Segundo se informou na sesión, as organizacións de Cáritas correspondentes a Ribeira, Palmeira e Aguiño, ICE Renovación, a concesionaria de limpeza Urbaser e máis o Servizo de Atención Domiciliaria depende dos Servizos Sociais foron beneficiarios nas últimas horas destas axudas. En concreto, Cáritas Ribeira, Cáritas Aguiño e ICE Renovación recibiron alimentos, mentres que a Urbaser lle foron entregadas 5 pantallas protectoras e 50 máscaras cirúrxicas que se suman a outra remesa previa de materia entregado as semanas pasadas.

Tamén se doaron máscaras a Cáritas Ribeira.

Recollida solidaria de alimentos na conserveira Ignacio González Montes

No capítulo de agradecementos polas contribucións solidarias de empresas e entidades, a Comisión tamén agradeceu as achegas desinteresadas da conserveira Ignacio González Montes (3 palés de latas de conservas), Baldomero Fariña (máscaras), Teresa Confeccións (máscaras) e Sálvora C.F. (alimentos).

Respecto das novas iniciativas, fíxose fincapé na redución ou na devolución prorrateada dunha serie de taxas e prezos públicos por usos e servizos que non poden ser prestados durante o Estado de Alarma. Son os seguintes:

• Taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa.

• Taxa pola ocupación de terreos de uso público con postos de venda ambulante.

• Prezo público pola prestación de servizos e realización de actividades da Oficina Municipal de Deportes.

• Taxa pola prestación do servizo do centro de atención á primeira infancia.

• Taxa pola prestación do servizo do Conservatorio Municipal de Música.

• Prezo público pola prestación de servizos culturais.

Denuncias

Por último, a Policía Local de Ribeira dou conta de tres novas denuncias nas últimas 24 horas a cidadáns que vulneraron o confinamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.