Ribeira achegará un completo programa de cursos para combater a crise económica e sanitaria

20 Abril 2020

A sesión deste luns 20 de abril da Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do COVID-19 do Concello de Ribeira serviu para presentar unha innovadora iniciativa (no contido e tamén na forma) de capacitación para incrementar a empregabilidade e a formación da veciñanza nestes tempos de crise sanitaria e confinamento. Trátase do programa online Casa-Talentos, impulsado polo Goberno ribeirense para botar unha man, con coñecemento e recursos avanzados, na vindeira reactivación económica post-COVID. Daráselles prioridade ás veciñas e veciños en desemprego ou que estean afectados directamente polo Estado de Alarma, como por exemplo autónomos ou profesionais que foran obxecto dun ERTE.

O programa Casa-Talentos estará formado por un total de 83 cursos posíbeis distribuídos en 20 temáticas: idiomas, programación e redes informáticas, sistemas e bases de datos, deseño gráfico e 3D, saúde e nutrición, sanidade, industria alimentaria, enerxía, medio ambiente, administración de empresas, ofimática Microsoft Office, loxística, xestión comercial e marketing, industria química, actividades deportivas, prevención e igualdade, turismo, limpeza e xestión de residuos.

Poderán acceder a este programa gratuíto ata mil cidadáns.

Dende o Concello xa se está traballando para acabar de perfilar esta iniciativa (este luns 20 de abril deus conta da mesma na Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do COVID-19) e anunciar e iniciar o pertinente prazo de inscrición.

Solicitudes ao Goberno central

Ademais, no seo da Comisión acordouse realizar dúas solicitudes ao Goberno do Estado: por unha banda, a rebaixa ao 4% do IVE para a adquisición de material de auto-proteción (preferentemente máscaras) e, doutra, a inclusión da hostalería no plan de “desescalada” por medio de medidas correctoras para garantir unha maior seguridade (aforos, distancias, etc.). A este respecto e con esta intención, o Concello ten previsto facilitar no que resta de 2020 unha maior ocupación de vía pública con terrazas da que actualmente se permite.

Tamén se explicou na Comisión que xa concluíu o reparto de máscaras por cinco parroquias (Corrubedo, Olveira, Oleiros, Artes e Castiñeiras) e este luns 20 estase a continuar por Carreira.

Denuncias

A Comisión lembrou que no transcurso da fin de semana houbo dez denuncias por incumprir a obriga de confinamento, tres das cales foron reincidentes, e houbo sete requirimentos polo mesmo motivo.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...