Rianxo en Común propón medidas para reactivar o tecido económico local nestes tempos de crise

20 Abril 2020

A agrupación Rianxo en Común, con Julián Bustelo á fronte, vén de recompilar nun comunicado unha serie de peticións relacionadas coa pandemia e a crise sanitaria e coas medidas que ao seu xuízo debera pór en marcha o Concello para axudar á reactivación social e económica. Segundo lembra o grupo, xa van alá 40 días dende o inicio da Emerxencia Sanitaria, unha declaración que provocou unha grave crise para o comercio, a hostalaría e as pequenas empresas locais, unha situación que con toda probabilidade estenderase varias semanas, agravando as repercusións. “Pensamos que o Concello ten que actuar decontado diante das consecuencias da crise económica”, sinalan.

Segundo indican, cómpre “impulsar e reactivar a actividade económica de tipo comercial, hostaleira e de servizos no noso termo municipal, outorgando liquidez aos autónomos e pemes locais e contribuíndo a facilitar o cumprimento dos seus labores empresariais”.

Estas e outras propostas baséanse nunha crenza firme da agrupación rianxeira: o seu convencemento en positivo sobre o papel decisivo dos Concellos ante as adversidades, sobre todo porque son as institucións municipais as que teñen o coñecemento máis amplo das realidades locais e particulares nas que se insiren, mostrando un rico potencial para “deseñar estratexias de promoción económica capaces de identificar e pór en valor os seus recursos e complementar as necesarias actuacións acometidas polas restantes administracións”.

Estas son algunhas das medidas achegadas para ser postas en marcha de maneira urxente:

· Axilizar o pagamento das facturas que o Concello lles adebeda a moitos autónomos e pequenas empresas do municipio (“nalgún caso dende fai máis de un ano”, indican). “Pensamos que, na medida do posíbel, hai que flexibilizar e modificar o calendario fiscal para estes sectores máis afectados, e neste senso xa temos proposto algunha fórmula como a declaración do pequeno comercio como actividade económica de interese municipal para poder aplicarlle importantes bonificacións”, engaden.

· Aprobar o orzamento de 2020 e facelo conforme a delicada realidade actual. Rianxo en Común fai un chamamento a que se reserven 100.000 euros do orzamento para afianzar estas políticas de choque e botar a andar a reactivación económica. Deses, un 30% reservaríase para a creación dunha liña de axudas ao pago do alugueiro para que o Concello sufrague parte do gasto mensual que “isto supón para aqueles negocios máis afectados pola crise actual”. E engaden: “O 70% restante pensamos que debe ir para inxectar liquidez a autónomos e pequenas empresas”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.