O sector turístico e a Deputación da Coruña buscan solucións contra a crise nun foro online

27 Abril 2020

O turismo, como tantos outros sectores estes días, ou se cadra máis, está a empregar as redes durante o Estado de Alarma para facerse forte, compartir experiencias e incrementar a súa competividade e transformación con vistas á futura volta da normalidade. Esta foi a base do Foro Turismo COVID-19, que comezou hoxe, da man da Deputación da Coruña (Turismo da Deputación) co obxectivo específico de “analizar a situación e as posibilidades de futuro deste ámbito de especial relevancia para o desenvolvemento económico”.

No foro, cuxo programa de actividades é un programa cen por cen online, participan xa ducias de representantes do noso sector: persoal técnico, empresas, responsábeis de entes de xestión, xornalistas e demais profesionais. Unha das conclusións ás que se chegou este luns 27 é o convencemento común nas vantaxes de crear máis colaboración entre o sector público e privado. Está en xogo, dixeron, a recuperación do turismo.

No encontro, definiuse a situación provocada pola pandemia como “catastrófica” e de grande “incerteza” para o sector pero tamén se destacaron as potencialidades do territorio para a futura recuperación que residen na aposta por un turismo sustentábel, de calidade, seguro e de proximidade.

Coordinada polo responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, a primeira das xornadas do foro foi clausurada polo presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, que defendeu a necesidade de estreitar a colaboración público-privada para remontar “a gravísima crise que suporá tamén unha gran perda de emprego e diminución de consumo que afectará tamén de maneira directa ao turismo”.

A xerenta do Consorcio de Turismo de Coruña, Lanzada Calatayud, o técnico da Reserva da Biosfera A Coruña e as Mariñas, o xerente da Mancomunidade Concellos da Comarca de Ferrol, Lucho Alcalá, o presidente da Asociación de Turismo Muxía Natural, Manuel Jesús Lema, o representante da Asociación da Ría da Estrela de Muros e Noia, Sebastián Valverde e a xerenta de Turismo de Santiago de Compostela, Flavia Ramil foron as persoas que participaron na primeira sesión do foro moderada polo empresario do sector da hostalaría e profesional da comunicación, Pepe Formoso.

O encontro continuará o vindeiro xoves 30 abril ás 18h cunha sesión sobre os concellos no novo contexto do sector turístico.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.