O Plan de Teleformación de Política Lingüística achega formación sobre a nosa lingua a 1.500 persoas

27 Abril 2020

A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a despregar esforzos para que o confinamento e o Decreto de Alarma non impidan que prosiga a aprendizaxe do galego. Por este motivo, reforzou e optimizou o seu Plan de Teleformación para este ano 2020, tanto para residentes na nosa terra como para persoas que viven noutras contornas xeografías. Deste plan abrollan os cursos en liña para o ensino da nosa lingua, unhas actividades nas que, segundo puidemos saber, xa están a participar máis de 1.500 persoas, entre alumnado en xeral, funcionariado da Administración galega e estudantes das escolas de idiomas.

Un total de 1080 alumnos seguen, ata o 8 de maio e baixo asesoramento de profesorado específico, un total de 34 cursos preparatorios das probas de acreditación do Certificado en Lingua Galega (CELGA) en catro dos seus niveis. Así, desenvólvense desde o 16 de marzo tres cursos do CELGA 1, oito cursos do CELGA 2, oito cursos do CELGA 3 e 15 cursos do CELGA 4, todos eles, incluso os previstos como formación presencial, na modalidade de teleformación debido ás circunstancias motivadas pola crise da COVID-19.

Polo que se refire ao funcionariado, un total de 300 traballadoras e traballadores ao servizo da Administración seguiron ata onte 12 cursos de formación en linguaxes específicas do galego, linguaxes administrativa e xurídica nos seus niveis medio e superior, dos 34 que a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten previsto desenvolver ao longo deste ano en colaboración con outros organismos, como a Escola Galega de Administración Pública, ou con outras administracións.

Os 22 restantes ofrecerán outras 550 prazas destinadas ao persoal das diferentes administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma Galega, así como da administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas, co obxectivo de mellorar a capacitación en lingua galega dos devanditos traballadores.

A actividade das escolas oficiais de idiomas

Esta oferta formativa compleméntase coa das escolas oficiais de idiomas das sete grandes cidades galegas, dependentes da Consellería de Educación, que desenvolven até maio cinco cursos de linguaxe administrativa galega media e superior, con 125 persoas matriculadas, logo dos seis que desenvolveron durante o primeiro cuadrimestre deste curso 2019-2020. Nos devanditos centros tamén se desenvolven arestora 17 cursos preparatorios das probas de acreditación do CELGA, dos 34 que ofrecen dentro da súa programación formativa do ano escolar en curso, no que 225 alumnos preparan o CELGA 2, 225 o CELGA 3 e 400 o CELGA 4.

Interrompidos os prazos de inscrición nas probas CELGA 2020

No caso do CELGA, Política Lingüística lembra que os prazos de inscrición na convocatoria oficial de probas de acreditación para o ano 2020 (previstas para os meses de maio e xuño) publicada no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega, “atópanse interrompidos e que os devanditos prazos reiniciaranse unha vez superado o Estado de Alarma”.

A Consellería de Cultura e Turismo comunicará polas súas canles habituais os novos prazos de inscrición e as datas de realización dos exames no momento no que poidan retomarse “con plena seguridade”.

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.