O Museo do Gravado de Artes inicia unha serie de videos divulgativos para achegar ao público os seus fondos

18 Abril 2020

Museo do Gravado de Artes (Ribeira)

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai realizar unha serie de videos divulgativos coa intención de facer chegar ao público visitas virtuais dos fondos do Museo. Comezá a divulgalas a semana que vén e desde O Barbanza teremosvos puntualmente informados dos mesmos.
Os videos que realizarán serán, entre outros, os seguintes:

  • GoyaCaprichos, Los desastres de la guerra, Tauromaquia, …
  • RubensObra selecta
  • Durero: Ouvre de …
  • Van DyckIconografía
  • Piranesi: Vedute e obra varia
  • Da Vinci: Distintos gravadores do Museo do Louvre
  • Fernando de Rojas: La Celestina: ilustrador Manuel Humbert Esteve
  • Calderón de la Barca: Las paredes oyen: ilustrador: Antoni Gelabert i Casas
  • Garcilaso de la Vega: Églogas: ilustrador Antoni Gelabert i Casas
  • Calderón de la Barca: El gran teatro del mundo, El gran mercado del mundo: ilustrador R. de Capmany i Montaner
  • Góngora: Fábula de Polifemo y Galatea: ilustrador Manuel Baeza
  • Quevedo: Vida del Buscón llamado Pablos: ilustrador Antonio Quirós
  • La historia del muy valiente y esforçado cavallero Clamades, hijo de Marcaditas, Rey de Castilla y de la linda Clarmonda, hija del rey de Toscana: ilustrador Joan Vila i Pujol (D’Ivori)
  • Cervantes: La Galatea: Ilustrada por Josef Ximeno y Carrera.
  • Cervantes: El Quijote e outras novelas e poesía: Ilustradas por gravadores do XVII, XVIII e XIX
  • Gravados da EncyclopédieDiderot e D’Alambert: gravadorBernard
  • Debuxos orixinais de Ignacio Hernández Suñer (Íñigo) que ilustra: El Quijote, Viaje al centro de la tierra, Simbad el marino, Veinte mil leguas de viaje submarino, Las mil y una noche
  • Piranesi: Vedute e obra varia
  • Toulouse-LautrecElles
  • .
Museo do Gravado de Artes (Ribeira)

Hai que ter en conta que usan autores que non teñen dereitos de reprodución gráfica, por iso non se inclúen autores como Dalí, Picasso, Jorge Castillo, Rafael Alberti, Edouart Chimot, Eduardo Naranjo, etc.

Canto ao traballo do director deste institución, dende as medidas de confinamento polo COVID-19, no Museo do Gravado, aparte dos labores de desenmarcado e arquivo dos gravados das anteriores exposiciones: Toulouse-Lautrec e Luís Seoane; a montaxe das dúas salas de BarbantiaRte, as labores administrativas diarias do Museo estase continuando coa catalogación dos novos fondos que chegan para continuar a Biblioteca Ilustrada do Museo: por exemplo a última entrega de fondos tivo lugar o mércores, 16 de abril, e foron 137 volumes de libro antigo dos séculos XVII, XVIII e XIX, entre os que se poden citar:

  • Operis Moralis in Praecepta Decalogi, de P. R. Thomae Sanchez. Dous tomos de 1623 que contén gravados de Petrus Faber.
  • Quae Exstant Opera de Caii Sallustii Cripis editada en París en 1774 por Barbou que contén gravados de época.
  • L’Histoire de L’Amérique, Paris, 1778. Tradución do inglés ao francés en 4 volumes.
  • Ouvres complettes d’Helvetius, París, 1795 en 5 volumes
  • Abrégé de la Novelle Géographie Universelle…, París, Hyacinthe Langlois, 1807. Contén 11 gravados de cartas xeográficas iluminadas.…

Neste momento hai arredor de 3.000 volumes na Biblioteca Ilustrada e pode albergar arredor de 5.000 volumes. A intención é poder completar a biblioteca este ano.
O Museo informa tamén que se vai ampliar o prazo de recepción da entrega das obras participantes no XI Premio Atlante de Gravado, que será ata o 31 de xuño de 2020, ampliando un mes o prazo de recepción dos orixinais. 

Web: www.fundartes.com
Mail: fundartes@gmail.com
Facebook: https://www.facebook.com/Museo-de-Artes-Ribeira-144843888928040/

Outros artigos

Ribeira busca terreos para albergar o novo centro de saúde

O Concello de Ribeira buscará parcelas adecuadas no centro da cidade para a construción do novo centro de saúde. Estas parcelas deben estar ben situadas e con fácil acceso ao transporte público. Cando se sitúen, ofreceranse a Sanidade para a construción do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

Case que dous anos despois do naufraxio en Terranova do arrastreiro de Marín "Villa de Pitanxo", seguen as contradicións nas declaracións do patrón e un sobriño deste, as da casa armadora Nores, e un mariñeiro ghanés, tripulante do buque afundido a cuxas teses se...