O Concello e o IES Félix Muriel de Rianxo levan computadores con Wi-Fi ao alumnado sen equipos na casa

22 Abril 2020

O Estado de Alarma e as restricións ás actividades presenciais deixaron un panorama de incógnitas sobre o futuro escolar das nosas crianzas que, con todo, si que nos guindou unha certeza: hai que seguir co cole na casa. Este feito é xa unha realidade en moitos fogares, pero noutros moitos está pendente de chegar, ben por falta de recursos económicos e tecnolóxicos, ben por descoñecemento, ben por ausencia de conectividade. Co fin de paliar esta situación discriminatoria no termo municipal de Rianxo, o Concello puxo en marcha un servizo de empréstamo de equipos informáticos con conexións Wi-Fi entre o alumnado. Segundo puidemos saber, o reparto de computadores xa comezou entre o alumnado de Primaria.

O Concello engadiu que o proceso de dixitalización completarase ao longo desta semana con accesos Wi-Fi para todos aqueles alumnos e alumnas que non dispoñan do equipamento e a conectividade necesarios para poderen seguir o terceiro trimestre do curso de forma telemática.

A listaxe do alumnado con estas necesidades específicas foi proporcionado polos centros educativos tras unha enquisa cos pais e coas as nais. Os equipos, que foron cedidos polo IES Félix Muriel, son parte do proxecto autonómico Abalar e utilizan a distribución propia do proxecto, Abalar Libre.

O sistema

Dende o Concello e o dito centro educativo lembran que o Abalar Libre é un sistema moi lixeiro, que pode executarse e instalarse en ordenadores antigos, pero que contén todas as ferramentas básicas actualizadas e unha grande cantidade de software educativo libre. É a distribución Linux que adoitan usar nos centros escolares no equipo do alumnado, e pode ser descargada, probada e instalada de balde en PC con moi poucos recursos.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.