A Cámara de Comercio e o Concello de Santiago poñen en marcha un servizo gratuíto de información, asesoramento e intermediación para as empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais

22 Abril 2020

A Cámara de Comercio de Santiago e o Concello de Santiago porán a disposición do empresariado da súa demarcación un servizo gratuíto de información, asesoramento e intermediación para autónomos e empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais ( ICO-IGAPE- SGRs- CDTI, etc.) que se están publicando para facer fronte ao impacto económico derivado da paralización da actividade como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno Central para frear a expansión da COVID-19.

A través deste servizo ofrecerase de xeito coordinado información e recursos para o acceso das empresas de Compostela ás liñas de financiamento ICO, ás xestionadas pola rede cameral e a outras fontes de crédito mobilizadas dende o Goberno e as propias entidades financeiras para o mesmo fin. Este asesoramento enmárcase no convenio asinado entre ámbalas dúas entidades, que agora se vai ampliar. Aos 50.000 euros contemplados no actual convenio coa Cámara, o Concello de Santiago suma outros 50.000 adicionais, no marco das medidas económicas contempladas polo Goberno local para axudar ás empresas compostelás a saír da crise provocada polo COVID-19.

Con este obxectivo, axudar ao tecido económico, a Cámara de Comercio pretende proporcionar un servizo de asesoramento ad hoc para que cada autónomo ou empresa poida acceder á liña de financiamento máis conveniente segundo as características do seu proxecto empresarial e as necesidades que se pretendan cubrir, garantindo que se atendan as necesidades de financiamento de todas as empresas e que estas se fagan nas mellores condicións económicas e de axilidade de prazos de tramitación, con escrupuloso respecto ás condicións establecidas nos convenios subscritos. Con esta finalidade, pon a disposición de todas as súas empresas este servizo gratuíto de información e intermediación coas EEFF, IGAPE, SGRs, etc.

Ademais, a Cámara de Comercio de Santiago está a pechar coas distintas entidades financeiras negociacións primordiais neste momento, como son a non discriminación a autónomos polo seu CIRBE ou polo nivel de cliente coa entidade, así como garantir a non esixencia de condicións NON obrigatorias no convenio ICO. Estas negociacións tamén pasan por dar unha resposta áxil en prazos a todas aquelas empresas e autónomos que veñan da man da Cámara de Comercio de Santiago; como que se teña unha \”chiscadela\” nos diferenciais e que o tipo de interese a aplicar sempre sexa o máis axustado.

Edificio Cersia en Santiago (San Lázaro)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.