Esténdese até o remate de xuño o prazo para presentar obras ao Premio Atlante de Gravado

29 Abril 2020

No medio da crise sanitaria, os certames artísticos que tiñan abertas convocatorias víronse obrigados a modificalas para adaptalas á nova situación, co fin de garantir o que sería un desenvolvemento desexábel e normal do certame. Un exemplo disto é que acontece coa nova edición, a XI, do Premio Atlante de Gravado, impulsado pola Fundación Museo de Artes (Ribeira), cuxa nova convocatoria abriuse na recta final do pasado ano e cuxo remate de prazo, se ben estaba previsto para o 31 de maio, tivo que ser adiado (por mor da pandemia e o Estado de Alarma) até o 30 de xuño. Podemos consultar esta actualización e as bases remodeladas na web do prestixioso museo ribeirense.

O Premio Atlante de Gravado do Museo de Artes establece a seguinte serie de recoñecementos: o Premio Ramiro Carregal de Gravado de 5.000 euros, tres premios dotados con 2.500 euros cada un e outro premio especial Pedras de Santiago, de 2.000 euros, para un artista nacido ou residente en Galicia.

O xurado estará composto por Manuel Ayaso, pintor e gravador; José Daniel Buján, director da Biblioteca de Galicia; Alfonso Costa, pintor e gravador; Carmen Hermo, doutora en Belas Artes e gravadora; Juan Monterroso Montero, decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela; José Manuel López Vázquez, catedrático da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela; e Isabel Pintado, gravadora e docente.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.