Ambar converte o seu Centro de Día nun gran obradoiro virtual de actividades creativas

13 Abril 2020

Co obxectivo de superar os principais obstáculos á actividade presencial que achega o Estado de Alarma co COVID-29, a asociación Ambar, con sedes en Ribeira e Pobra e centrada na inclusión e dignificación dos colectivos con diversidades funcionais, iniciou os días pasados unha intensa actividade virtual de formación, divulgación e dinamización, materializada en diversos obradoiros creativos.

O servizo de atención diúrna en formato dixital, destinado a “apoiar ás persoas con diversidades que asisten aos servizos de Centro de Día e Centro Ocupacional” (e que na actualidade fican confinadas por mor da crise sanitaria), achegou a comezos da semana pasada actividades virtuais sobre adestramento deportivo, emprego (como facer un currículo), estimulación (fabricamos os nosos propios materiais) e habilidades.

A partir de mediados da semana, abordáronse obradoiros de pilates, de arte ornamental (figuras de mar con pasta de sal) e de estimulación. Este luns 13 de abril daranse a coñecer novas actividades no Facebook da asociación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.