A Zona Franca impulsa unha ferramenta de apoio ao emprendemento marítimo: a plataforma i-Sherpa

28 Abril 2020

David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo

A Zona Franca de Vigo quere dar azos ao emprendemento relacionado co mar. Con este obxectivo, adxudicou o desenvolvemento dun plataforma web de apoio a proxectos empresariais e innovadores do sector mariño-marítimo en ámbalas beiras do río Miño. A iniciativa (a creación, deseño e posta en marcha da plataforma i-Sherpa) foi encargada finalmente á empresa Ilunion Tecnoloxía e Accesibilidade, do Grupo ONCE. A ferramenta online resultante dará apoio ás novas empresas, poñendo o foco naquelas con especial potencial tecnolóxico-científico e xerador de emprego na mocidade.

A plataforma web i-Sherpa será a principal ferramenta operativa do proxecto Sherpa do Mar e o seu obxectivo específico é “facilitar o traballo dos mentores, emprendedores/as e empresas implicadas neste proxecto transfronteirizo deseñado para mellorar a competitividade dos sectores vinculados ao mar en Galicia e no Norte de Portugal”.

A ferramenta, entre outras cousas, servirá de soporte para a publicación de información sobre os proxectos de emprendemento que vaian xurdindo ao abeiro da iniciativa. A maiores, ofrecerá un espazo que servirá de punto de encontro entre ofertantes e demandantes de coñecemento no sector mariño-marítimo da Eurorrexión. Prevese, sempre e cando siga avanzando a actual desescalada da pandemia, que a plataforma estea operativa antes do verán para que, canto antes, apoie a creación de empresas na contorna mariña.

O proxecto Sherpa do Mar

Sherpa do Mar é un dos tres proxectos da convocatoria POCTEP 2019, co-financiado nun 75% polo FEDER, nos que a Universidade de Vigo é o principal beneficiario e no que Zona Franca participa como un dos nove socios cunha achega que roldará os douscentos mil euros.

O proxecto ten como obxectivo “crear e revitalizar unha plataforma galego-portuguesa para a promoción da competitividade no sector marítimo a través da promoción de novas iniciativas de mercado de base tecnolóxica con alto valor engadido”.

O proxecto está liderado polo grupo REDE da Universidade de Vigo e, xunto con este grupo de investigación, participan Campus do Mar e o Vicerreitorado de Investigación, o Consorcio Vigo Franca, a Axencia Galega para a Innovación (GAIN), a Universidade de Santiago de Compostela e A Coruña, entre outras entidades referenciais do noso país irmán.

Outros artigos

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.