A Policía Local de Rianxo efectuou 92 denuncias por incumprimento do Decreto de Alarma

17 Abril 2020

A Policía Local de Rianxo, ao abeiro das funcións encomendadas ao corpo en coordinación coa Garda Civil de Rianxo e a BRILAT (Operación Balmis para garantir o cumprimento do Decreto de Alarma), proseguiu os días pasados co desenvolvemento de controis estáticos e móbiles en todos os recantos do territorio municipal para verificar que os desprazamentos de peóns nas rúas e de vehículos nas estradas obedece só a causas perfectamente xustificadas. Segundo informou no seu balance puntual a Policía Local, até o de agora foron interceptados, identificados e verificados 1.995 vehículos, identificadas 483 persoas en vía pública e efectuadas 92 denuncias administrativas.

Amais, instruíronse dilixencias policiais en relación cunha persoa que estaba “sendo investigada” por incumprir as medidas de confinamento e que acumulaba 10 denuncias anteriores. Finalmente foi condenada polo penal en xuízo rápido por desobediencia grave.

Segundas residencias

Entre os días 8 e 12 de abril establecéronse dispositivos “gaiola” en colaboración coa Garda Civil de Rianxo e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil destinados a controlar o tránsito de vehículos e persoas a lugares de vacacións, verificándose 265 vehículos e os seus ocupantes, e identificándose 60 viandantes, dos que se pescudaron os motivos da súa presenza en vías e espazos públicos. Estes labores saldáronse con denuncias a dúas persoas residentes habituais en Ourense e Barcelona, respectivamente, e que, segundo informa Policía Local de Rianxo, “pretendían trasladarse a segundas residencias”.

Sustancias estupefacientes

Os axentes rianxeiros tamén informaron de que nos controis e identificacións efectuadas procedeuse ademais a 4 comisos de diversas cantidades de sustancias estupefacientes (marihuana, cocaína e heroína) sendo denunciados os posuidores das mesmas por vía administrativa.

En materia de inspeccións a vehículos foron denunciados 7 condutores por dar positivo en drogas ou alcoholemia.

Labor solidario

Por outra banda, Policía de Rianxo sinalou que dende o inicio do Estado de Alarma foron atendidos 1.149 requirimentos de información ou asistencia á cidadanía, prestouse auxilio (en colaboración co persoal de servizos sociais de Rianxo e outros departamentos do Concello) en 15 ocasións a persoas en estado de vulnerabilidade, repartíronse en colaboración con empresas cerca de 8.000 máscaras e efectuáronse (polo persoal de obras do concello coa colaboración do Parque de Bombeiros de Boiro) 25 desinfeccións diarias nas vías e instalacións estratéxicas, de servizos públicos, centros sanitarios e inmediacións de espazos comerciais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.