A Pobra xa reparte pantallas no sector do comercio local

11 Abril 2020

O Barbanza está a ser un fervedoiro de solidariedade para incrementar a dispoñibilidade material de protección contra o COVID-19. A Pobra do Caramiñal está a ser un bo exemplo disto, co voluntariado do seu Fab-Lab fabricando diversos equipamentos con impresoras 3D e un número moi relevante de veciñas do concello desenvolvendo cos seus recursos máscaras de protección. Segundo informou estes días o Concello, as máscaras foron repartidas xa na Praza de Abastos (unhas 300) e as pantallas protectoras no mesmo emprazamento e en diferentes establecementos da Pobra.

O Concello engadiu que nas vindeiras xornadas as pantallas achegaranse a outros traballadores e traballadoras que seguen abrindo os seus estabelecementos, principalmente de alimentación. O Goberno local tamén fai saber que as pantallas non protexen por si mesmas do contaxio do virus polo sistema respiratorio: son un complemento axeitado para as persoas que usan un sistema de protección respiratoria (máscara).

Previamente ao reparto deste material nos establecementos comerciais, déuselle prioridade na distribución ao persoal sanitario (centro de saúde e hospitais) e de atención en residencias de maiores que demandaron as pantallas e as máscaras. Tamén as recibiron os propios traballadores e traballadoras do Concello (servizo de axuda no fogar, limpeza viaria, Policía Local) e os voluntarios e voluntarias da Protección Civil.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...