A mostra A rebeldía dunha sensibilidade sobre Manuel Antonio pódese visitar virtualmente

27 Abril 2020

Os nosos museos están a despregar estes días un amplo abano de recursos e propostas para permitirnos visitas e experiencias sen saír da nosa casa. Por exemplo a que nos chegou estes días (vía a Biblioteca Municipal de Rianxo) da man da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, que nos convida á versión virtual da mostra A rebeldía dunha sensibilidade do poeta rianxeiro Manuel Antonio,que xa tivemos ocasión de coñecer hai anos, presencialmente, pero que agora vén co engadido extra de volver nestes tempos de confinamento, de ser unha exposición innovadora que sortea as restricións á actividade presencial e de contribuír máis ca nunca á transformación do autor de De catro a catro en escritor universal.

A mostra xira arredor da importancia para as nosas letras e para a literatura de todos os tempos e xeografías do poemario De catro a catro de Manuel Antonio, que marca o punto de partida da exposición A rebeldía dunha sensibilidade. A exposición recolle tanto a súa obra orixinal como versións noutras linguas, estudos realizados da mesma, carteis, material fonográfico…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.