A Libraría Ben axúdanos con recomendacións literarias a mitigar o confinamento

28 Abril 2020

Os libros xogan un papel fundamental neste período de confinamento, e as librarías, malia ter as portas pechadas, sábeno ben. Este poder curativo das novelas, dos relatos, dos poemas, do teatro e dos ensaios está a levar ás librarías a sortear as restricións da crise sanitaria para achegarse ás lectoras e lectores e facerlles recomendacións axeitadas para mitigar a reclusión ou, tamén, para vender produtos de xeito anticipado. Entre as librarías da comarca que seguen en activo malia os atrancos presentes, mantendo comunicación coa veciñanza nas redes atópase a Libraría Ben de Rianxo, á que podemos visitar, virtualmente, nas súas canles de Facebok e YouTube, onde os seus vídeos con recomendacións acadan xa centos de visitas e comentarios.

Nestas contribucións (as chamadas “recoBENdacións”) podemos atopar un primeiro capítulo destinado ás crianzas de entre 3 e 6 anos de idade, ás que a libraría rianxeira recomenda un máis que destacado feixe de lecturas, entre as que se atopan A pota que trota ou A miña profe é un mostro. Co gallo do Día do Libro, o pasado 23 de abril, a libraría lanzou outro vídeo con 10 consellos literarios (dez títulos concretos) para celebrar a xornada e, por suposto, para mitigar na medida posíbel este tempo de confinamento do que, por certo, xa comezamos a albiscar o inicio do seu remate.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.