A aula CeMIT de Ribeira aposta pola teleformación para a cidadanía con tres novos cursos

03 Abril 2020

O Concello de Ribeira vai apostar de cheo por dar continuidade ao importante labor formativo (formación tecnolóxico-dixital) da súa aula CeMIT, a día de hoxe, por mor do COVID-19, imposibilitada para seguir dando servizo presencial. Porén, tendo en conta as amplas posibilidades que ofrecen os actuais recursos informáticos e de telecomunicación, a aula ofrecerá á veciñanza coñecementos tecnolóxicos a distancia mentres “persista a situación”. Os contidos trasladaranse aos usuarios a través da plataforma EMA. Foi unha das medidas tratadas hoxe na Comisión Municipal de Seguimento do COVID-19 do Concello de Ribeira.

Segundo se fixo saber, serán tres os cursos que se van ofrecer á veciñanza: un de alfabetización dixital, outro de capacitación dixital e un terceiro sobre innovación social. Para poder acceder a eles abonda con estarmos dados de alta como usuarios na aula CeMIT (no caso de non estalo pódese facer cubrindo un formulario online na web do espazo de formación) e escoller o curso desexado. Ante calquera dúbida pódese enviar un correo electrónico a cemit.ribeira@xunta.es.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.