3ra entrega: OS MUSEOS NON PARAN: Os tecidos máis utilizados

22 Abril 2020

O liño é unha das principais materias primas para o tecido. Procedía, en gran medida e durante bastante tempo, do cultivo practicado en gran parte de Galicia. O liño elaborábase ata obter un fino fío, co que se realizaba o lenzo.

A exposición permanente da segunda planta do museo municipal de Ribeira acolle máis de 200 bonecas coa súa vestimenta tradicional representando diferentes escenas. Foron doadas por Magdalena Bringas que ocupou durante moito tempo a presidencia da asociación de Amas de Casa de Ribeira, e foron feitas co traballo e esforzo conxunto de moitas mulleres que formaron parte da agrupación. Estas figuras recrean o traxe tradicional galego en base á miniatura a través de diferentes escenografías tradicionais da esfera social como son os oficios (carpintería, mariñeiros), as procesións e romaxes, as festas e as escenas no eido vilego e rural. A continuación, no video, amósase unha escea mariñeira. Nos pobos e nas aldeas das rías, a praia e o peirao eran o centro da vida laboral e comunitaria. Alí se traballaba e se vivía. Os tempos viñan marcados pola presenza das diferentes especies, sendo a sardiña a máis agardada. No tempo da sacada, homes, mulleres, e nenos, traballaban arreo para gañarse o sustento.

OS MUSEOS NON PARAN: Os tecidos máis utilizados (3)

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...