Unha iniciativa para descubrir xuntos arte e cultura desde as casas

17 Marzo 2020
Cedida por Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal vén de poñer en marcha unha iniciativa coa que descubrir, desde a casa e xuntos, arte e cultura a través dunha sorte de coleccionable ou de colaboración diaria inspirada para poñer en valor a figura de Ramón del Valle-Inclán.

Así, mentres dure a actual situación sanitaria, cada xornada abrirase a colección patrimonial para ofrecer unha escolma dos seus fondos, converténdose así nun Museo virtual para un público non presencial.

A actividade comeza mañá e as persoas interesadas poderán seguila a través do Facebook de Turismo A Pobra do Caramiñal e da páxina web www.apobra.gal.

Desde a institución agradecen a colaboración do persoal municipal que se compromete a levar adiante esta actividade e tamén aos titulares do dereito de propiedade intelectual das imaxes por facilitar a súa distribución.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.