Unha guía de balde axúdanos a atopar libros galegos na Internet

29 Marzo 2020

Nesta situación de confinamento desde O Barbanza, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da iniciativa #aculturasegue, queremos ofrecer aos nosos seareiros unha pequena obra do profesor, xornalista e colaborador habitual das nosas publicacións, Henrique Neira, Como Atopar Libros Galegos en Internet. Unha guía de recursos en liña, nunha edición actualizada na que se recollen páxinas web onde atopar libros.

Así os interesados terán referencias das bibliotecas virtuais galegas e doutras páxinas web galegas, españolas e internacionais que achegan libros. Completan a obra anexos nos que se recollen unha carta de navegación para o océano da información, libros e soportes, bibliotecas virtuais, un  glosario e bibliografía.

A obra está dirixida non só aos interesados en libros galegos senón tamén ao profesorado e alumnado de todos os ciclos educativos para que sirva de recurso.

É evidente que non están todos os recursos existentes, polo que agradécese o envío de información sobre páxinas web e outros recursos que non figuren na guía para a súa incorporación na vindeira edición que actualizaremos periodicamente mentres dure esta situación. A obra é de difusión gratuíta.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...