Ribeira pon a carpa multiusos a disposición para a limpeza e desinfección das ambulancias que prestan servizo ao hospital

20 Marzo 2020

O Concello de Ribeira puxo a disposición a carpa multiusos situada fronte ao mercado municipal para que se poidan realizar alí os labores de limpeza e desinfección das ambulancias que prestan servizo no Hospital da Barbanza. Así foi autorizado na Comisión de Seguimento da Evolución de COVID-19 do día de hoxe, logo de ter coñecemento por medio da xerencia do centro hospitalario de que estes vehículos tiñan que desprazarse ata Santiago de Compostela para recibir este tratamento. Do mesmo xeito, a comisión acordou a instalación na citada carpa de contedores para a retirada dos refugallos que se xeren.

Por outra banda, a Administración local segue a incrementar o seu persoal dedicado a vixilancia e emerxencias. Se onte se daba conta da incorporación o vindeiro luns de catro auxiliares de policía, hoxe tomouse a resolución de que dous axentes que habitualmente prestaban funcións alleas ao servizo na rúa se sumen á dotación de axentes da Policía Local. Ademais, acordouse contratar con carácter urxente dous condutores para o Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM), polo que se recorrerá á última bolsa de emprego tal e como se fixo tamén no caso dos auxiliares.

Unha última resolución tivo que ver coa adopción de aptitudes máis proactivas entre o persoal municipal para tratar de chegar á máxima poboación á hora de tratar de detectar posibles casos de persoas con necesidades que non estivesen aínda identificadas e prestarlles así a cobertura que precisan. Cómpre lembrar a este respecto que o Concello ten habilitados tres números de teléfono aos que se pode dirixir toda a veciñanza que sexa coñecedora dalgún caso de necesidade: son o 981874131 (Servizos Sociais, operativo de 09.00 a 13.00 horas), 981876029 (Protección Civil, de 08.00 a 22.00 horas) e 981870933 (Atención ao Maior, permanente).

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.