Rianxo acolle esta finde un concerto en feminino e mailo Desfile de Carrozas de Taragoña

05 Marzo 2020

Rianxo vai celebrar esta fin de semana con música reivindicativa e cos últimos capítulos locais do Entroido 2020. O primeiro vai vir da man da Escola de Música de Rianxo, que ofrece, na Sala Arcos Moldes do Auditorio, un concerto para celebrar o Día Internacional da Muller. A actuación será o sábado ás 19.00 horas, a cargo dos ensembles do centro docente rianxeiro. Pola súa banda, a festa de Entroido virá da man da veciñanza de Taragoña, que, por mor do mal tempo, tivo que aprazar o seu Desfile de Carrozas de finais de febreiro para o 7 de marzo, a partir das 17.00 horas no Campo de Pazos.

O concerto

A Escola de Música de Rianxo celebra este sábado o Día da Muller Traballadora. No recital participarán diversas agrupacións (ensembles) da Escola de Música de Rianxo. A cita será o sábado 7 de marzo ás 19.00 horas no Auditorio Municipal, véspera da dita conmemoración mundial (oficialmente o 8 de marzo). Tanto unha actividade como a outra veñen da man da Escola de Música en colaboración co Concello, contando co apoio económico da Deputación da Coruña.

O desfile

O tradicional Desfile de Carrozas que organiza cada Entroido a veciñanza de Rianxo (acompañado dun completo programa de música tradicional, de obradoiros e de inchables), celébrase finalmente este 7 de marzo. As actividades comezarán ás 17.00 horas no adro da Igrexa, onde se concentrarán as carrozas que logo sairán cara o Campo de Pazos. Haberá premios en metálico ás tres mellores contribucións artísticas (e agasallos a todas as participantes), música tradicional a carto de Estroupele e Lusco e Fusco, obradoiros, inchables, globofexia e obradoiros de maquillaxe facial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.