O Salón do Libro Infantil e Xuvenil renderá tributo a Helena Villar o día 14 de marzo

04 Marzo 2020

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o punto de encontro da comunidade galega e internacional de seareiros e seareiros do libro en “formato” de novas xeracións, vai acoller nesta edición 21 (que comeza este seis de marzo e que mantén abertas as portas até o día 28) unha homenaxe a unha das nosas escritoras que máis esforzos teñen posto en facer voar a imaxinación das pequenas e pequenos: a rianxeira de adopción Helena Villar Janeiro.

Segundo explica a organización do Salón, entre os principais motivos deste tributo figuran “o especial agarimo que gardamos de Villar Janeiro, pioneira da LIX galega, con toda unha vida adicada ao ensino e á creación literaria, abrindo e explorando camiños día a día”.

A homenaxe, unha celebración conxunta das contribucións da autora de A canción do rei (1992) e máis do ilustrador Kiko Dasilva, será o día 14 de marzo ás 12.30 horas, no salón de actos do Pazo da Cultura. Días máis tarde, o martes 17, Villar Janeiro protagonizará a actividade Teñamos a poesía en paz, na Libraría Paz (no número 29 da rúa da Peregrina) ás 20.00 horas e acompañada da súa parella, o tamén novelista e poeta Xesús Rábade Paredes.

Máis sobre a autora

Helena Villar, afincada en Abuín (Rianxo), conxugou durante a súa longa carreira creativa os oficios literario e docente, unha dupla vertente que segue a manter activa nas redes sociais, onde leva a cabo unha intensa actividade creativa, divulgativa e pedagóxica. Amais de ser autora dunha manchea de obras infantís, é poeta, narradora, ensaísta e articulista. É nai do pianista Abe Rábade e da tamén poeta María do Cebreiro. Segundo fixo saber tras ter coñecemento da homenaxe pontevedresa, a distinción do Salón do Libro Infantil “é un dos mellores obsequios que podía recibir”, cousa que aínda cobra máis relevancia ao ter que compartilo “co admirado e amigo Kiko da Silva”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.