O Concello rianxeiro da a coñecer unha serie de medidas en relación coa prestación do Servizo de Axuda no Fogar

16 Marzo 2020

Debido á situación sanitaria, o Concello de Rianxo deu a coñecer unha serie de medidas temporais en canto á prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

No que respecta ao SAF dependencia, haberá prestación de servizos mínimos, cunha franxa horaria de atención, para as persoas usuarias que conviven con familiares; prestación do servizo coa intensidade habitual ás persoas usuarias que viven soas ou que presentan unha problemática social e precisan da atención en varias franxas, previa avaliación técnica por parte dos Servizos Sociais; e suspensión dos servizos de atención exclusivamente doméstica a aquelas persoas usuarias que contan co apoio familiar no domicilio.

En relación ao SAF libre concorrencia, haberá prestación ás persoas usuarias en días alternos.

Para expoñer dúbidas sobre a prestación do servizo, as persoas usuarias poden contactar cos Servizos Sociais Comunitarios no teléfono 981860061.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.