O Concello de Rianxo habilita un servizo para informar das medidas económicas do estado de alarma

27 Marzo 2020

Co fin de clarificar dúbidas laboral e empresarialmente nunha situación tan complexa e inesperada como a que estamos a vivir, o Concello de Rianxo está a ofrecer estes días un servizo de información sobre as medidas económicas que leva a cabo o Goberno de España para combater a situación de alarma provocada polo COVID-19.

Segundo informa o Executivo rianxeiro que dirixe Adolfo Muíños, este servizo está destinado a traballadores ou traballadoras que poidan sufrir un ERTE, familias con hipotecas ou persoas autónomas afectadas pola situación.

As persoas que o desexen poden contactar co Concello a través do teléfono 604 022 090 ou ben do correo electrónico marcos.alejandro@concelloderianxo.gal. O horario de atención será de luns a venres de 09:00 a 13:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.