O Concello da Pobra fai un chamamento a seguir usando o servizo de asesoramento ás mulleres ante posíbeis casos de maltrato

26 Marzo 2020

Malia que o confinamento forzoso derivado de situacións como o estado de alarma polo COVID-19 que estamos a vivir xera situacións de irmandade e solidariedade, o certo é que tamén pode xerar, en determinados fogares, consecuencias diametralmente opostas. Con vistas ao potencial incremento dos casos de violencia de xénero, unha realidade que confirman as cifras e que vén motivada pola convivencia prolongada con agresores, os nosos concellos están a reforzar os servizos de atención social, malia a nova realidade que obriga a reducir ao mínimo a actividade presencial. Dende o Concello da Pobra lembran que está cen por cen activo o servizo municipal de atención telefónica e en liña.

Trátase, máis polo miúdo, dos seus servizos de atención psicolóxica e asesoramento xurídico para mulleres en situación de maltrato ou especialmente vulnerábeis. O Concello recorda que as veciñas que precisaren de axuda poden contactar chamando ó teléfono 981 83 27 64 ext. 2206 dende as 9.00 h ás 14.00 h, de luns a venres, ou escribir un correo a mariajose.perez@apobra.gal ou psicologacimapobra@gmail.com. No caso de emerxencia, recórdanse que deben chamar ao teléfono de atención ás vítimas de violencia de xénero, o 016, a calquera hora do día.

Outros artigos

BNG denuncia a “ameaza permanente” da mina de San Finx

A pobrense Rosa Pérez, deputada do BNG, reclamou hoxe na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento á Xunta que paralice calquera concurso para a explotación da mina de San Finx, en Lousame, ata que se execute unha restauración ambiental integral...

+

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...