Novas críticas á falta de equipos de protección individual entre o persoal sanitario

25 Marzo 2020
José Manuel Pena nunha imaxe de El Correo Gallego (Suso Souto)

José Manuel Pena, voceiro de Stop Deshaucios Barbanza, achegounos un comunicado no que expresa a su preocupación pola elevada taxa de sanitarios contaxiados durante a crise actual do COVID-19, un número que ascende aos 5.000 profesionais afectados en todo o ámbito estatal, douscentos dos cales atópanse en Galicia. Segundo apunta Pena, a posíbel causa disto habería que rastrexala na escaseza de equipos de protección individual no ámbito da sanidade pública, tal e como apuntou o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias.

No comunicado, que xa obtivo resposta da Dirección Xeral de Saúde Pública (SERGAS), ponse o foco no estado de alarma constante no que traballa o noso persoal sanitario, “un constante temor e unha psicose permanente derivada da posibilidade real do contaxio”, de aí a importancia de axilizar a entrega, na maior brevidade posíbel, deste tipo de material de protección para evitar máis situacións de risco entre os profesionais e, á vez, nos seus círculos de familiares.

Na resposta do SERGAS, o servizo autonómico explica que “é consciente da importancia dos traballadores da saúde como primeira liña de contención da pandemia e de atención aos cidadáns doentes, por iso, agora e empresa, facemos un gran esforzo por protexelos e dotalos do material necesario”. O SERGAS lembra que “está a facer todo posíbel por protexer o persoal e os sectores de meirande risco, como a xente maior”.

Outros artigos

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...