Este 20 de marzo comeza o cuarto Ciclo de Novos Intérpretes de Rianxo

03 Marzo 2020

A Escola de Música de Rianxo vai organizar a partir deste mes de marzo a cuarta edición do seu Ciclo de Novos Intérpretes, un programa de actuacións con novas promesas locais que achegará recitais até o vindeiro outono e cuxa anterior edición rematou en decembro, no Auditorio Municipal, cun destacado concerto de Aldara Muíños ao clarinete acompañada polo Trío Céfiro. En total, o novo ciclo de 2020 achegará ao público da comarca cinco relevantes actuacións de música de cámara. O primeiro será este 20 de marzo, cunha cita con Diego Mata, ao piano, e Lucía Mata, ao fagot.

O día 17 de abril será a quenda de Óscar Vázquez, ao trombón baixo, Arturo Rúa, ao piano acompañante.

O 29 de maio actuará a arpista Alba Franco e, xa en outono, o 23 de outubro, será a quen da de Víctor Bouzas, á trompeta, e Alejo Amoedo, piano acompañante.

O ciclo rematará o 20 de novembro con Bernal Muíños, ao saxofón.

O programa vén da man da Escola de Música de Rianxo e conta coa colaboración do Concello e con financiamento da Deputación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.