Catro auxiliares incorporaranse este luns á policia local de Ribeira

19 Marzo 2020

A Policía Local de Ribeira vaise ver reforzada a partir deste luns coa incorporación de catro auxiliares.
Os axentes (unha muller e tres homes) formaban parte das bolsas de contratación elaboradas ao efecto tras as convocatorias dos anos 2019 e 2018 e reúnen o requisito de ter prestado servizos como auxiliares de policía local durante tres anos consecutivos.

Por outra parte, o alcalde Manuel Ruiz solicitou publicamente que o
Goberno do Estado autorice aos concellos a utilizar o seu superávit nunha maior contía do que agora se lle vai permitir coa fin de contar con máis recursos para facer fronte ao estado de emerxencia.
“Pensamos que é indispensable que se nos dea esta posibilidade a concellos como o noso”, manifestou Ruiz Rivas, indicando que se ben é importante a contención do déficit público, hai familias e colectivos que de prolongarse esta situación van precisar unha maior asistencia por parte do Concello.
“Non é con ánimo de crítica, pero cremos que aínda temos posibilidades de axudar algo máis e por iso lle solicitamos ao Goberno que estude a mpliación das medidas que podemos prestar”, recalcou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.