Boiro refórzase en materia de seguridade coa contratación de tres auxiliares de Policía Local

20 Marzo 2020

O Concello de Boiro atópase adoptando novas medidas co obxectivo de velar pola seguridade da cidadanía fronte ao COVID-19. Neste senso, o luns incorpóranse tres auxiliares de Policía Local para reforzar o cadro de persoal dos axentes.

Dito persoal pertence á lista de contratación de auxiliares de 2018 e 2019. Estarán prestando servizo mentres non se remate o proceso selectivo correspondente a este ano, o cal xa estaba en marcha e se tivo que suspender por causa do coronavirus. Todos eles compren, segundo manifestan, os requisitos de formación e, dous deles, xa traballaron en Boiro.  

Cómpre lembrar que a Policía Local está intensificando os controis no municipio para garantir que se cumpra o Estado de alarma. Entre outras accións, os axentes están acrecentando as medidas para informar a toda a poboación das restricións marcadas polo Goberno central, ben sexa por megafonía ou colocando carteis informativos en tódolos accesos a praias, parques infantís, paseos, etcétera.

Así mesmo, o corpo policial está incidindo nas medidas de seguridade facendo controis á veciñanza que se despraza en vehículos para ir ao traballo ou á compra. As autoridades insisten nas restricións pautadas polo Goberno central, pois estes movementos deben ser por causas de extrema necesidade, así como individuais agás para o acompañamento de persoas dependentes, entre outras excepcións. Tamén fan especial fincapé en informarse sempre de fontes oficiais sobre o que se pode facer ou non durante o Estado de alarma.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.