As publicacións de Barbantia contrarrestan a reclusión con cultura e investigación

23 Marzo 2020

A Asociación Cultural Barbantia quere pór o seu gran de area para facer máis levadío o confinamento forzoso destes días, por mor da pandemia e das restricións de mobilidade impostas para freala. Por este motivo e co obxectivo de contrarrestar con cultura, talento, investigación e creatividade local estes “días de inquedanza e tempos mortos”, a asociación lémbranos que temos en acceso libre e en liña todas as súas publicacións. Podemos atopalas na súa web, www.barbantia.es.

A listaxe de recursos achegados por Barbantia está composta polos catro números da publicación BarbantiaRte e por unha ducia de lanzamentos do Anuario de Estudos de Barbanza, que é unha das grandes contribucións da asociación e que xunta algúns dos máis destacados ensaios, relatos, crónicas e bibliografías de cantas elaboran ao longo de doce meses as/os diferentes integrantes da cultura barbanzá. Ao devandito cómpre engadir os estudos A cor dos soños, Voces na materia, Voces na guerra, Un río de sangue e de tinta, Luces na cidade o Catálogo Che Tembra.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.