Adolfo Muíños salienta o sacrificio da veciñanza durante estes días de confinamento

31 Marzo 2020

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, vén de subir un vídeo no Facebook do Concello no que se dirixe ás veciñas e veciños para enviarlles unha clara mensaxe de ánimo con respecto ao novo período de restricións, confinamento e limitacións que comeza esta semana, da man do novo decreto do Estado de Alarma e das medidas destinadas a frear a pandemia do COVID-19.

No vídeo, o rexedor lembra que esta nova etapa de restricións económicas, empresariais e sociais é de especial importancia, e que supón un último e decisivo esforzo para superarmos entre todas e todas a crise sanitaria, “un esforzo necesario de illamento”. Muíños tamén ten palabras para agradecer e salientar a resposta das veciñas e veciños de Rianxo ante o espallamento da pandemia e a activación das ditas medidas, ao tempo que enxalza o labor do persoal sanitario e de todas as persoas que están contribuíndo a manter a cadea alimentario e o subministro de bens de primeira necesidade.

Outros artigos

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

O Club Náutico de Rianxo achega en agosto un curso de vela lixeira

O Club Náutico de Rianxo acolle, do 3 ao 7 de agosto, un curso de iniciación á vela lixeira co que colabora o Concello de Rianxo. Pola esquerda, o presidente da Federación Galega de Vela (Manuel Villaverde), o rexedor Julián Bustelo e o vicecomodoro do Club Náutico de...

+

Conta atrás en Rianxo para o inicio da Feira do Libro

Este xoves 23 pola mañá abrirá a Feira do Libro de Rianxo co pregón de Anxo Angueira, escritor veciño de Manselle (Dodro) e presidente da Fundación Rosalía de Castro, autor de obras capitais da literatura galega como Pensa Nao, Premio Xerais de Novela en 1999. Ata o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.