A versión de Rise Like a Phoenix do ribeirense Ramón López Martínez convértese en himno anti-pandemia

25 Marzo 2020

Se hai algo positivo de todo o sufrimento polo que está a pasar a sociedade coa chegada da pandemia de COVID-19, é o espírito de irmandade e o talento doméstico que traballan desinteresadamente dende múltiples puntos para sacar a relucir, nos fogares, unha das mellores armas que existen contra todo mal: o sorriso. Este é o espírito do vídeo subido polo ribeirense Ramón López Martínez dende a súa canle de Youtube, e no que recrea entre as paredes da súa casa, cun total despregue de medios domésticos, o tema Rise Like a Phoenix de Conchita Wurst, a gran triunfadora do Festival de Eurovisión de 2014.

No vídeo, un éxito en Youtube a poucas horas de ter sido subido (xa chegou ás 325 reproducións malia non ter nin un día de vida), o autor saca todo o arsenal do que dispón no seu confinamento en Santiago, onde cursa estudos, para ofrecer un himno de superación que non ten límites físicos (hai proclamas dende todos recantos da súa casa) nin tampouco dixitais. A canción chámase Quédate en casa e é, en palabras do autor, “a súa primeira participación no Coronavisión”. A peza vai camiño de converterse no himno deste período crítico do que, como dicía a versión de Wurst e reflicte tamén a contribución de Ramón, sairemos voando con forzas renovadas e, sobre todo, máis talentosos e xenerosos ca nunca.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.