A unidade de doazón de sangue estará este venres pola tarde no porto de Cabo de Cruz

27 Marzo 2020

O Concello de Boiro informou no seu Facebook de que a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará este venres 27 de marzo en Cabo de Cruz, dende as 16.00 até as 21.00 horas na explanada do porto. As persoas interesadas en colaborar con este importante servizo, máis relevante ca nunca tendo en conta o estado de alarma sanitaria, restricións e confinamento, poden solicitar cita previa a través do número de teléfono 900 100 828.

Como de costume, a unidade móbil achega unha serie de recomendacións ás persoas voluntarias, entre as que se atopa ter agardado dúas horas despois do xantar para facer a doazón, levar o DNI ou a tarxeta de doazón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.