A asociación ABAS ponse a disposición das persoas dependentes para axudarlles na adquisición de produtos de necesidade

18 Marzo 2020

Por mor da crise sanitaria derivada do COVID-19 e das restricións de mobilidade dirixidas a atallar a súa propagación, que obrigan á veciñanza ficar nos seus fogares agás por motivos de forza maior, a xunta directiva de ABAS-Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade aprobou a creación dun servizo de asistencia a maiores e persoas dependentes pola crise do coronavirus e a situación de indefensión na que viven centos de veciñas e veciños vulnerábeis dos nosos concellos. Segundo informa a entidade, o voluntariado de ABAS encargarase de facer por estas persoas a compra de alimentos, medicinas e outros produtos de necesidade.

O servizo realizarase nos municipios de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo e así lle será trasladado aos respectivos equipos locais de goberno. “Malia que sabemos algúns concellos contan con servizo propio, cremos que pode ser de axuda este labor adicional de ABAS que teñen á súa disposición”, explica o colectivo, engadindo que “aquí non sobran mans, xa que a situación é de extrema gravidade”.

A entidade tamén fai saber que dispón dun seguro de accidente de voluntarios e que está debidamente rexistrada na Xunta de Galicia. Amais, traballa na área da inclusión social, a igualdade e a atención aos maiores, sendo un dos seus principais obxectivos “protexer e socorrer a persoas afectadas por accidentes, catástrofes, calamidades públicas, conflitos socias, doenzas, epidemias e en todas aquelas situacións de emerxencia nas que sexamos requiridos”.

Para incrementar o coñecemento da veciñanza deste servizo e fortalecelo con posíbeis doazóns de material, ABAS puxo a disposición da cidadanía do Barbanza o número de contacto 696 05 88 21 e máis o correo coordinador.abas.asoc@gmail.com.

Outros artigos

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

+

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.