A área sanitaria de Barbanza habilita a dispensación domiciliaria de fármacos hospitalarios

20 Marzo 2020

A área Sanitaria do Barbanza e Santiago puxo en marcha por parte do Servizo de Farmacia a dispensación domiciliaria dos medicamentos hospitalarios dos pacientes externos, estables e que non teñan outra cita médica no hospital co fin de que non acudan aos centros sanitarios salvo “estrita necesidade” polo estado de alarma decretado polo coronavirus. A xerencia sanitaria detallou que na consulta de Farmacia do Complexo Hospitalario de Santiago aténdense uns 15.000 pacientes ao ano, que acoden ao centro unha ou dúas veces ao mes. A maioría deles serán candidatos á dispensación domiciliaria, xa que moitas consultas médicas estanse reprogramando para realizalas de maneira non presencial, sempre que isto sexa posible. Deste xeito no CHUS empezaron coa preparación dos primeiros envíos para pacientes de oncoloxía e hematoloxía.

A previsión é que nos próximos días estenderase ao resto das patoloxías. Respecto diso, destacou que se estima que se prepararán 150 envíos diarios. A xerencia reforza o persoal do servizo para garantir a dispensación co obxectivo de evitar o maior número de desprazamentos posibles debido ao estado de alarma e á obrigación de permanecer nos domicilios.

Hospital do Barbanza

Outros artigos

O 21 de setembro abre as inscricións a Ludoteca do Son

O Concello de Porto do Son informou da apertura do prazo de inscricións (o vindeiro luns 21 de setembro) para participar neste novo curso na actividade da Ludoteca Municipal. As actividades darán comezo o 28 de setembro. Haberá dúas franxas de horario: para a rapazada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.