As comunidades do CIFP Coroso e Amicos compartiron unha xornada de traballo conxunto

05 Marzo 2020
Cedida por CIFP Coroso

Un total de 28 estudantes do primeiro curso de FPB do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Coroso visitaron esta mañá o Centro de Atención Intregral Amicos situado en Comoxo, no municipio de Boiro. Alí tiveron a oportunidade de compartir unha xornada cos usuarios e usuarias da asociación, ademais de interactuar, coñecerse e traballar en conxunto.

Cedida por CIFP Coroso
Cedida por CIFP Coroso

Así mesmo, a comunidade educativa do CIFP Coroso estivo nos obradoiros que se imparten de cerámica, estimulación, deporte, almacén e música, entre outros. Tal e como manifestan desde o centro, resultou “unha bonita experiencia.”

Cedida por CIFP Coroso
Cedida por CIFP Coroso

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.