Un veciño de Rianxo denunciado por conducción neglixente

02 Febreiro 2020

Na mañá do sábado sobre as 11.40 horas, a Policía Local de Rianxo interceptou un vehículo que circulaba de forma neglixente pola rúa Arcos Moldes (Rianxo), cuxo condutor unha vez identificado, comprobouse que presentaba síntomas evidentes de haber inxerido bebidas alcohólicas.
Nas probas de alcoholemia que se lle realizaron deu resultados de 0,93 e 0,81 mg/l de alcohol en aire expirado.
Procedeuse á súa investigación por un delito contra a seguridade do tráfico e tramítase denuncia administrativa pola infracción cometida. O condutor resultou ser un veciño de Rianxo de 51 anos de idade.

Foto Policía Rianxo

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.