O galeguismo xĂșntase esta fin de semana de febreiro en Rianxo para render homenaxe a Castelao

01 Febreiro 2020

Os actos comenzan hoxe con cambio de ubicaciĂłn dalgĂșn deles por mor da choiva:

SÁBADO 1 DE FEBREIRO

  • 12.00 h. Paseo da Ribeira (diante do busto de Castelao). Ofrenda floral, intervenciĂłn de autoridades e roteiro Castelao nos Actos Castelao 2020.
  • Por mor da choiva, o acto previsto para hoxe dentro da programaciĂłn dos Actos Castelao 2020 traslĂĄdase para o SalĂłn de Plenos do Concello de Rianxo.
  • A ofrenda floral realizarase no Paseo da Ribeira (diante do busto de Castelao) e as intervenciĂłns de autoridades e acompañamento musical no SalĂłn de Plenos do Concello.
  • 20.00 h. SalĂłn de actos do Auditorio de Rianxo: presentaciĂłn do libro Relatos e lembranzas, homenaxe pĂłstumo a PlĂĄcido Betanzos nos Actos Castelao 2020.

DOMINGO 2 DE FEBREIRO

Este 2020 serĂĄ o ano de Castelao e as mĂșltiples actividades de conmemoraciĂłn que xa comezaron antes do remate de 2019 (e que se van ir desenvolvendo ao longo destes 12 meses) dan testemuña da importancia do autor rianxeiro neste novo ano. O alicerce das acciĂłns previstas Ă©, ademais, un alicerce especialmente amplo: celĂ©brase non sĂł o 70 cabodano do falecemento, senĂłn tamĂ©n o 134 aniversario do nacemento do autor de Sempre en Galiza. Un dos puntos ĂĄlxidos desta axenda de homenaxes e tributos vai ter lugar en Rianxo este 2 de febreiro. Festexaranse o 134 aniversario de Castelao no salĂłn de actos do Concello.

FarĂĄn fronte comĂșn arredor da actividade as forzas polĂ­ticas e entidades galeguistas e nacionalistas da nosa terra, convocadas polo Partido Galeguista (PG). TrĂĄtase, nas sĂșas palabras, “dun acto de reafirmaciĂłn da universal identidade galega”, unha identidade e un sentimento comĂșn que Ă© “semente de porvir” e, como tal, ramificarase alĂ©n deste 2 de febreiro para estender a celebraciĂłn do aniversario a “todos os dĂ­as do ano”.

O programa do acto empeza coa recepción, as 11:30 horas, no salón de actos do Concello de Rianxo, do Alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños, måis as/os representantes dos partidos, fundacións, colectivos e asociacións do territorio Galego e da diåspora que apoian este acto.

IntervirĂĄn as seguintes personalidades e colectivos: Partido Galeguista (Francisco LĂłpez Chesqui, XesĂșs Manuel SuĂĄrez), BNG (Goretti SanmartĂ­n e XosĂ© LuĂ­s Rivas Mini), En Marea (LuĂ­s Villares), Cerna (Paula Verao), Anova (AntĂłn SĂĄnchez), CxG (Rafa Cuíña), PCPG (XosĂ© Collazo), FundaciĂłn Castelao (Davide Otero), FundaciĂłn Alexandre BĂłveda (ValentĂ­n BĂłveda), FundaciĂłn RosalĂ­a de Castro (Anxo Angueira), Ateneo Galeguista de Ourense (Parlamentario Galego Davide RodrĂ­guez), FundaciĂłn Penzol (Inma Valeixe), FundaciĂłn Otero Pedrayo (Juan Saco), FundaciĂłn MartĂ­nez Risco (Luis MartĂ­nez Risco), FundaciĂłn Filgueira Valverde (Fernando Filgueira), FundaciĂłn Losada DiĂ©guez, FederaciĂłn Sociedades Galegas na Arxentina (LuĂ­s Tosar), Centro de Galicia en Bos Aires (Teresa TĂĄboas), PNV (comunicado do presidente Andoni OrtĂșzar) e NĂłs Galeguistas (Xabier GonzĂĄlez).

Ao remate das intervencións, diante do busto de Castelao, o actor e guía Suso Martinez interpretarå ao senlleiro político e escritor rianxeiro e declamarå un fragmento dun dos seus escritos, redactados en New York e måis no buque Argentina en 1940, recollidos os dous no célebre ensaio Sempre en Galiza.

Outros artigos

Kirk sopra a 130 qm/h en Lousame e acumula måis de 184 l/m2 en Rois. Caeu un dos laterais do pavillón deportivo do instituto de Porto do Son e o Te en Rianxo a punto de desbordarse. Sin tren desde Padrón

sta noite derrubouse parte do tellado do Conservatorio de Santiago e voaron varios teitos en Vigo; tamén este martes caeu un dos laterais do pavillón deportivo do instituto da localidade coruñesa de Porto do Son, onde hoxe non haberå clase. A circulación do tren...

+

Rescatado un corvo mariño ferido en O Burato, no concello de Rianxo

Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruñ Os bombeiros do parque Provincial de Boiro foron alertados no mediodĂ­a do dĂ­a 8 de outubro dun corvo mariño ferido en o Burato, no concello de Rianxo. O animal estaba no medio da rĂșa, apoiado no muro dunha vivenda,...

+


Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e SofĂ­a, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de JosĂ© Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...