O Concello de Rianxo convoca unha nova edición do seu Certame de Carrozas

07 Febreiro 2020

Rianxo foi e será sempre un puntal en Entroido, un deses espazos xeográficos que non coinciden co delimitado dentro do mítico triángulo ourensán pero onde a chama da festa mantense acesa malia o paso do tempo. Un dos elementos clave da festa rianxeira en febreiro é o Certame de Carrozas, que se celebra este ano o 23 de febreiro ao abeiro da programación municipal do Entroido 2020. O Concello vén de publicar información cumprida sobre o certame, incluídas as bases e os requirimentos para inscribirnos e participar.

Podemos consultar xa nas súas ligazóns correspondentes as bases completas, as obrigas e recomendacións e o sitio específico para formalizar a inscrición.

Unha vez máis, será un certame “popular e partiticipativo”, programado para que prevaleza o ambiente festivo, o humor, a creatividade e, por enriba de todo, o espírito de liberdade que exemplifica a figura do choqueiro en Rianxo e nos concellos da contorna. Valoraranse cousas como facer crítica construtiva e retranqueira (dos distintos poderes, do famoseo, de acontecementos polémicos e destacábeis recentes) e exaltar a cultura festeira e da gastronomía tradicional.

O comezo do certame está previsto para as 17:00 horas do 23 de febreiro. Segundo se fai saber nas bases, as carrozas deberán presentarse entre as 16:30 e 17:00 horas na zona do Porto. Poderá participar neste certame “calquera entidade non lucrativa legalmente constituída”, ou ben “os grupos informais de persoas, interesados en conformar unha carroza de entroido”. A data límite para efectos de inscrición será o 20 de febreiro ás 14 horas.

Nas bases tamén se fai saber que “en caso de condicións climatolóxicas adversas”, o certame poderase aprazar para outras datas vindeiras, decisión que se tomará como máximo ata o domingo 23 de febreiro ás 13.00 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...