O Concello de Rianxo a impulsa a acollida lingüística e cultural cun curso básico de galego

13 Febreiro 2020

O Concello de Rianxo vai organizar esta tempada un Curso básico de lingua e cultura galega. O obxectivo desta actividade formativa é, en palabras do Executivo rianxeiro, favorecer “a acollida lingüística e cultural das persoas de fóra de Galiza” e, tamén, servir de ferramenta de integración para a cidadanía que aínda non dispón dos niveis iniciais do certificado de lingua galega (CELGA 1 e 2). Segundo informa o Concello, o curso desenvolverase entre os meses de marzo e abril, con vistas a que en maio se faga pública a convocatoria de exames CELGA que cada ano impulsa o Goberno autonómico.

Polo tanto, as datas de desenvolvemento da actividade formativa serán o mes de marzo (a partir do día 3) e o mes de abril (até o 30). As clases limitaranse aos martes e xoves de cada semana e o horario das mesmas o seguinte: de 19.00 a 21.00 horas (trinta horas en total). As sesións levaranse a cabo no Auditorio de Rianxo e, respecto do prazo para formalizar a inscrición, comezou este 12 de febreiro e remata o 26 deste mesmo mes. Está programado incluír 10 prazas no curso. Quen precise máis información sobre o mesmo pode poñerse en contacto do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, en persoa ou ben a través do teléfono 881 988 891 e máis do enderezo de correo electrónico normalizacion@concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.