O Barbanza enche de microtopónimos a plataforma Galicia Nomeada

26 Febreiro 2020

En decembro presentábase formalmente un relevante espazo web destinado a centralizar os nosos esforzos por compartir, visualizar e preservar a riqueza galega en materia de nomes de lugar: a plataforma Galicia Nomeada. Logo de dous meses de actividade e tal e como se agardaba (en parte polo interese de boa parte da cidadanía por reivindicar os nosos nomes, en parte polo propio empuxe da gran riqueza toponímica galega, á cabeza de Europa neste ámbito), só se pode falar de éxitos de repercusión e participación, segundo fixeron saber a axencia AMTEGA e máis a Real Academia Galega (RAG).

Estas son algunhas das cifras: máis de 4.000 topónimos introducidos polos voluntarios en 140 concellos e máis de 600 solicitudes de persoas con vontade de contribuír ao gran labor colectivo de xeorreferenciar todo o relativo á nosa terra. As ditas 4.000 entradas cómpre engadilas ás máis de 6.000 achegadas durante a fase de probas, principalmente microtopónimos todos eles.

En total, os microtopónimos rexistrados a través de Galicia Nomeada son xa 10.273, dos cales a gran maioría, uns 9.000, xa foron validados lingüisticamente polo equipo de especialistas do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega que coordina e supervisa o labor xerado.

Cifras xerais

Todo o devandito súmase ao recompilado previamente polas entidades de poboación do noso Nomenclátor e aos máis de 430.000 rexistrados polo Proxecto Toponimia de Galicia (2000-2011), que se centrou na recollida da microtoponimia, o que guindou unha cifra de 482.445. Segundo puidemos saber, a día de hoxe móstranse á cidadanía 291.406 nomes de lugar sobre a imaxe aérea de Galicia.

O Barbanza

Polo que respecta ás cifras xerais da nosa comarca (topónimos e microtopónimos), son moi destacadas. Ribeira ten a día de hoxe 1.132 nomes subidos, Pobra 447, Boiro 303 e Rianxo a cifra nada desprezábel de 1.708 (grazas ás contribucións de Susana Silva, que achegou máis de 630 contribucións a longo destes dous meses, e de Ana Bravo, que xeorreferenciou unha chea de nomes durante a fase de probas). Tamén salienta polo norte Porto do Son, que xa ten 4.557, emprazándose como un dos concellos que con meirande número de nomes de lugar contribúe ao catálogo, ao igual que Lousame, con 3.703, que ocupa un nivel moi destacado a nivel galego, ao igual que Muros con 3.663.

A aplicación toponímica

Galicia Nomeada inclúe unha aplicación colaborativa que permite recoller a microtoponimia, rexistrala, xeorreferenciala e difundila desde o novo Portal de Toponimia de Galicia. Opera de xeito cidadá e participativo, implicando á veciñanza dos nosos concellos no labor de rexistro, e vén con versión para Android e iOS, servindo de complemento á versión de escritorio.

Como usar Galicia Nomeada

A través dunha interface sinxela e intuitiva, a ferramenta permite introducir e localizar microtopónimos de forma individual, aos que se lle pode engadir unha imaxe, arquivos de son e vídeo (formatos MP3 e MP4) e textos explicativos, todo para favorecer, baixo supervisión dun equipo de especialistas do Seminario de Onomástica da RAG (que contrastará e verificará a súa existencia), achegas “de gran valor informativo ao xa rico patrimonio toponímico do país e referencia para os traballos da Administración pública, a investigación, o sector empresarial e a sociedade en xeral”.

Quen desexe colaborar no proxecto ten ao seu dispor un formulario de contacto online, onde, alén dos seus datos persoais, deberá indicar os motivos que o levan a participar no proxecto e os lugares, aldeas ou concellos nos que vai traballar.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.