Importante dispositivo de tráfico e seguridade en Rianxo con motivo do comezo do Entroido

21 Febreiro 2020

Rianxo foi este venres 21 de febreiro o escenario dun importante dispositivo de tráfico e seguridade cidadá con motivo da celebración do Entroido 2020 nos centros docentes do termo municipal. No operativo participaron os axentes da Policía Local e máis os integrantes do grupo de Protección Civil de Rianxo. O dispositivo centrouse na praza de Castelao da capital do concello pero tamén nas ruadas e desfiles protagonizados polos escolares dos centros docentes de Rianxo, Taragoña, Asados e Araño.

Segundo informou a Policía Local, nas actividades deste venres participaron arredor dun milleiro de rapazas e rapaces e membros da comunidade educativa do concello rianxeiro.

O dito dispositivo proseguirá os días vindeiros, con motivo das restantes actividades programadas para a celebración do Entroido. Haberá sinalización circunstancial de prohibido estacionar nas zonas onde se van a realizar as actividades, e tamén realizaranse cortes de tráfico puntuais sinalizados, engadiu a Policía Local.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.