A UNED Senior impartirá en Rianxo cinco novos cursos de alimentación, música e tecnoloxías para maiores

14 Febreiro 2020

O Concello de Rianxo vén de abrir o prazo de inscrición para o segundo cuadrimestre do proxecto 2019-2020 da UNED Senior, que, novamente vén cunha serie de cursos de gran potencial para fomentar a autonomía, o coñecemento, os hábitos saudábeis e a calidade de vida das persoas maiores do concello. O prazo para formalizar as inscricións nestas actividades, que se desenvolven de marzo a xuño, remata o 26 de febreiro.

As materias a impartir, un total de cinco cursos, serán Canto tradicional e canto coral (venres ás 10.00 e 12.00 horas), módulo II de Iniciación aos teléfonos intelixentes e tabletas (os mércores de 18.30 a 20.30 horas), módulo II de Iniciación á informática e a Internet (mércores de 16.00 a 18.00 horas), módulo II de Cociñando para alimentarse ben (os martes de 18.00 a 20.00) e Práctica instrumental (os sábados de 11.00 a 13.00 horas).

Esta formación contará con dúas horas semanais e un prezo establecido en 50 euros. Ademais, as persoas maiores de 50 anos e o alumnado de nova incorporación teñen preferencia na realización destas actividades.

As persoas interesadas poden solicitar máis información e formalizar a súa matrícula no Auditorio municipal, no teléfono 981 100 688 ou no enderezo electrónico unedsenior@concelloderianxo.gal. Trátase dun programa formativo impulsado pola Concellería de Educación e Normalización.

Outros artigos

Rianxo acollerá esta “finde” unha nova edición do Rock in Rian

Rianxo acollerá os vindeiros 14 e 15 de agosto unha nova edición do Rock in Rian, un festival que converterá o Parque de Galiza nun punto de encontro para a música galega e que conta co apoio da Deputación da Coruña, a través dunha achega de 29.000 euros da liña...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.