A adolescencia e o cannabis centran un novo faladoiro das familias en Boiro

11 Febreiro 2020

Este xoves 13 de febreiro tócalles falar ás familias e expoñer as súas dúbidas e preguntas acerca das metodoloxías máis indicadas para pór freo ás drogodependencias entre as novas xeracións. O motivo? A celebración dunha nova convocatoria, a segunda, do Faladoiro Espazo das Familias de Boiro, unha cita de diálogo e participación que contará coa presenza de María José Iglesias Fungueiriño, psicóloga e especialista en terapia familiar, promoción de hábitos saudábeis e prevención de condutas aditivas, que impartirá o coloquio Falemos de adolescencia e cannabis.

A cita será a partir das 18.00 horas (até as 20.00 horas) na Casa da cultural Ramón Martínez López. As persoas que estean interesadas en acudir poden formalizar a inscrición nos centros educativos locais ou ben a través do espazo web espazofamilias.org/reserva.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.