Visitas e rutas guiadas para coñecer o patrimonio histórico da Pobra

15 Xaneiro 2020

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece visitas guiadas de balde para grupos de tódalas idades e, dependendo do número de persoas que sexan, deberase entrar en diferentes quendas debido á cabida limitada deste edificio histórico. Así mesmo, ofértaselle ao visitante unha ruta guiada pola vila co obxectivo de coñecer o patrimonio histórico e lugares que frecuentaba Ramón del Valle-Inclán.

Os interesados que desexen concertar unha visita e/ou ruta guiada en grupo poden facelo a través do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal ou dos teléfonos de contacto 981831662 e 671090262.

Cedida por Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal

A Torre de Bermúdez é sede do Museo Valle-Inclán desde 1987, pioneiro en España, ademais de ser edificio declarado Monumento Histórico-Artístico de Interese Nacional. O horario de apertura establécese de martes a sábado, de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

Entre os fondos patrimoniais cómpre resaltar, polo seu interese, a colección de primeiras e coidadas edicións de libros impresos en tempos do intelectual, así como fotografías súas en varios escenarios do Barbanza. Tamén destacan os manuscritos orixinais, o epistolario con Manuel Azaña ou a correspondencia xerada pola intelectualidade española que conforma o legado de Victoriano García Martí. Outros elementos a salientar son a carteleira teatral monográfica, a serie de iconografía valleinclaniana, os numerosos obxectos das belas artes e mobiliario da época procedente dos seus domicilios madrileños.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.