Rianxo en Común propón a creación dunha mesa de traballo para procurar solucións á perda de poboación no municipio

09 Xaneiro 2020

Rianxo en Común vén de expresarse sobre a perda de poboación no municipio, pasando dos 11.769 no 2009 aos 11.033 no 2019, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). A formación lamenta este “grave problema de despoboamento” e sinalan que desde que o BNG accedeu ao goberno local “a cifra de habitantes non fixo máis que descender.” Neste senso, manifestan que “os datos son demoledores, e semella que a día de hoxe o goberno segue sen tomalos en serio, máxime cando dende o propio goberno se gababan nun dos últimos plenos ordinarios da corporación polo feito de que descenda o paro no municipio.”

Ademais, indican que levan anos alertando desta situación, “ao que se nos respondeu habitualmente que o problema do despoboamento é un problema común a boa parte do país”, mais consideran que o caso rianxeiro é “especialmente preocupante” comparándoo cos datos dos demais concellos de Arousa Norte.

Así, Rianxo en Común afirma que lle tende a man ao goberno e propón a creación “de inmediato” dunha mesa de traballo entre tódalas organizacións políticas con representación no Concello que se reúna de xeito periódico, procurando solucións para o que cualifican como “a sangría demográfica que vive Rianxo.”

Outros artigos

O Araño acolle o 13 de marzo un obradoiro de primeiros auxilios

O Centro Cultural da Capela (A Araño) acolle o vindeiro venres 13 de marzo un obradoiro gratuíto sobre primeiros auxilios. Trátase dunha actividade formativa dirixida a toda a cidadanía en xeral e voluntarios de atención sociosanitaria. O obxectivo do obradoiro é...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.