Preto de 40.000 habitantes de Barbanza, Muros e Noia terán acceso a Rede de 100 Mbps en 2021

13 Xaneiro 2020

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vennos de poñer ao tanto sobre os vindeiros plan de actuación para equipar con Internet avanzada (Internet ultrarrápida) os núcleos rurais da nosa comarca ao longo deste ano que comezou. Segundo fixo saber a xeito de destacado dato xenérico, preto de 40.000 veciños de 330 núcleos dos concellos das comarcas de Barbanza (Ribeira, Boiro, Rianxo e Pobra do Caramiñal) e Muros e Noia disporán de acceso á banda larga en 2021. Isto será posíbel grazas ás actuacións conxuntas que están a desenvolver a Xunta de Galicia (a través de AMTEGA) e mailo Goberno central.

Este labor conxunto tradúcese nun despregue intensivo de fibra óptica avanzada (FTTH, Fibra Até o Fogar) que pon o foco nas chamadas zonas brancas da xeografía galega, que son aquelas nas que non existe unha cobertura aceptábel (dun mínimo de 30 Mbps) e nas que as compañías operadoras de telecomunicacións tampouco teñen previsto chegar. Estas áreas brancas adoitan coincidir cos núcleos rurais: o 93% das localidades que se cubrirán grazas ás actuacións de ambas administracións teñen menos de 300 habitantes e o 78% incluso menos de 150 habitantes.

AMTEGA explica que os despregues en marcha xa permitirán “que xa no 2020 máis de 33.000 veciños de 189 núcleos desta zona teñan acceso a internet de ata 100Mbps”. Esta cobertura ampliarase a outros 141 núcleos e máis de 6.000 veciños co fornecemento de fibra que continuará en 2021.

As actuacións en activo do Plan de Banda Larga da Xunta, co-financiadas con Fondos FEADER e do Plan Estatal, garanten que máis de 720.000 galegos de 310 concellos, que carecen de acceso a redes ultrarrápidas, teñan cobertura de 100Mbps de velocidade no 2021.

Mais de 100 millóns de euros públicos

AMTEGA engade que en total, os plans autonómicos e estatais “supoñen un investimento público de máis de 100 millóns de euros para incentivar a extensión de fibra óptica en núcleos dun total de 310 concellos galegos que non dispoñen desta tecnoloxía nin previsión de contar con ela”.

Ambas medidas garanten que en 2021 en torno ao 90% dos galegos terán acceso a redes de máis de 100 Mbps, unha porcentaxe que, segundo explica a axencia autonómica que dirixe Mar Pereira, poderíase incrementar coas novas convocatorias do Estado previstas para os próximos anos.

Internet avanzada nos polígonos industriais

Polo que se refire aos polígonos industriais galegos, cuxa dotación de fibra de última xeración é outra das liñas estratéxicas do Plan de Banda Larga da Xunta 2020, o Goberno galego informounos de que xa contan con estes equipamentos 81 complexos industriais de toda Galicia, o que lles asegura a dispoñibilidade de redes de ata 350 Mbps. Estes 81 polígonos, sumados aos que xa desfrutan de redes ultrarrápidas, achégaos un total de 131 superficies empresariais, cifra que representa o 93% da superficie empresarial ocupada. Na contorna de Barbanza, xa contan con esta cobertura os polígonos de Rianxo e Agualevada (Noia) e os parques empresariais de A Tomada (A Pobra do Caramiñal) e Muros.

Redes ultrarrápidas en empresas e centros educativos

Ademais, AMTEGA explica que se levaron a cabo dúas convocatorias de axudas para facilitar a conexión a empresas de zonas illadas. En total, beneficiáronse destas axudas máis de 80 empresas de zonas illadas das catro provincias, que puideron conectarse a Internet de entre 30 e 600 Mbps grazas a un investimento público de case 1 millón de euros tamén cofinanciados con FEADER.

Por outra banda, no ámbito educativo e en colaboración co Estado, desenvolveuse a iniciativa Escolas Conectadas que permitiu completar a dotación de redes de 100 Mbps ao o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria de toda Galicia.

Outros artigos

Luns 14, xornada de inestabilidade con chuvascos e sarabia

Un pequeno centro de baixas presións atravesará Galicia durante a xornada do luns, Santa Lidia, deixando tras de si unha situación meteorolóxica marcada pola inestabilidade. Espéranse ceos parcialmente cubertos e chuvascos que poderán rexistrarse en calquera punto da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...