Os operarios da EDAR de Couso manteñen reunións co alcalde de Ribeira e o resto de grupos da corporación

20 Xaneiro 2020

Os traballadores da EDAR de Couso achegáronse hoxe ata a Casa do Concello de Ribeira para transmitir a súa preocupación ante a posibilidade de que a xestión da depuradora e dos colectores conducentes á mesma sexa dividida entre varias Administracións.

Así, asistiron seis dos oito operarios que traballan nas instalacións, pois os restantes non puideron acudir ao ser preciso que a EDAR conte coa presenza de persoal en todo momento. Primeiramente mantiveron unha reunión co alcalde Manuel Ruiz, onde manifestaron sentirse preocupados porque non ven lóxico que se separe unha parte da infraestrutura da outra. A este respecto, argumentaron que a xestión de toda a infraestrutura está centralizada nun único punto co que, para eles, carece de sentido que, dun lado, Augas de Galicia se encargue da explotación e mantemento da estación situada en Couso e, do outro, o Concello sexa o responsable dos bombeos, colectores e tanques de tormenta que conectan coa mesma.

Logo da xuntanza co rexedor, os operarios mantiveron un segundo encontro con outros dous grupos municipais, concretamente BNG e PSdeG-PSOE, para trasladar esta inquedanza; así como o relativo aos seus postos de traballo. Tamén tiñan intención de transmitirlla aos outros dous partidos da corporación, PBBI e Suma Ribeira. De feito, con este último manterán unha reunión esta mesma tarde.

Por outra banda, os traballadoras da EDAR aseguraron que fai moito tempo que non reciben ningunha queixa por cheiros ou outros problemas derivados do funcionamento da depuradora.

Outros artigos

Concentración en Ribeira tras un nuevo crimen machista en A Coruña

Un novo crime machista sacode A Coruña. Un home matou ao seu exmujer no piso que esta habitaba na cidade herculina, aumentando así o número de feminicidios en Galicia. O presunto autor xa foi detido polas autoridades. En resposta a esta situación, o colectivo...

+

Xa está a operativa a senda de Teira (Corrubedo)

O Concello de Ribeira informou este luns 16 de xuño de que xa está operativa a nova senda de Teira: habilitada para o tránsito seguro para os peóns logo dunha reforma integral levada a cabo pola brigada de Obras do Concello de Ribeira. Co obxectivo de mellorar o...

+

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.