O xeodestino Arousa Norte estará presente en FITUR

21 Xaneiro 2020

Arousa Norte estará presente este xoves na Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR 2020. Desde a Mancomunidade levarán os bens culturais, paisaxísticos e gastronómicos a esta feira de referencia no país.

Así mesmo, esta semana presentarase o vídeo que narra a historia do camiño terrestre que acompaña a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e río Ulla. Unha oportunidade para contar toda a lenda relacionada coa ruta marítima e amosar os símbolos da tradición Xacobea de interese para potenciais visitantes que estean interesados en realizar nun futuro o percorrido a pé do Camiño de Santiago do Barbanza.

O presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e a xerente da entidade supramunicipal, Irene Maneiro, estarán acompañados dos rexedores da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; Boiro, José Ramón Romero; e Rianxo, Adolfo Muíños; ademais de membros da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe. Encargaranse así de introducir ás persoas visitantes no territorio Arousa Norte a través da proxección audiovisual do camiño A Orixe.

A Mancomunidade tamén aposta por estar presente ao longo de tódolos días de duración da referida feira, tendo presenza e visibilidade no stand de Turismo de Galicia, onde atoparán o xeodestino da comarca do Barbanza como unha alternativa de turismo sostible.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.